publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece nun accidente cun tractor en Castroverde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastroverdePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home faleceu a última hora deste mércores na localidade lucense de Castroverde tras sufrir un accidente co tractor que conducía. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu pasadas as 21.30 horas nunha leira da parroquia de Montecubeiro, onde o home se dispuña a realizar tarefas agrícolas cun tractor.

Foi un familiar o que alertou á central de emerxencias tras desprazarse até a leira e atopar o tractor envorcado, pero ningún rastro do home. O seu corpo sen vida foi localizado minutos despois polos seus familiares.

A raíz do suceso foron mobilizados os Bombeiros de Sarria e o GES de Becerreá, así como unha dotación sanitaria do 061, que non puido facer nada pola vítima.

3 de marzo de 2016 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.