publicidade hoxe

Un camión cargado de cemento sofre un accidente en Sobrado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSobradoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un camión cargado de cemento sufriu un accidente de tráfico a última hora da tarde deste mércores na localidade coruñesa de sobrado, aínda que sen lamentar vítimas. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 20,30 horas na estrada que une Melide e Friol, á altura de Sobrado. O camión, cargado con cemento, saíuse da vía e quedou parcialmente envorcado.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de limpeza e mantemento do concello, o GES de Curtis e a Garda Civil. A circulación viuse interrompida durante varias horas e está previsto que este xoves sexa retirado o camión.

31 de marzo de 2016 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.