publicidade hoxe

Tui acolleu a xornada Erasmus+ no ámbito da educación e a formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorTui
A-
A+

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, participou hoxe na inauguración da Xornada Bilateral Erasmus+ no ámbito da educación e a formación (España-Portugal), celebrada en Tui e que ten como obxectivo afondar no establecemento de proxectos de cooperación entre institucións españolas e portuguesas.

Organizado coa colaboración da Consellería, o programa céntrase en proxectos de mobilidade e en asociacións estratéxicas entre institucións do ámbito empresarial e do entorno educativo nos seus diferentes niveis. Para iso presentaranse boas prácticas dos centros de ensino que participan en proxectos transfronteirizos do Erasmus+, ademais de dar a coñecer os resultados deste programa e dos de Aprendizaxe Permanente en ambos os dous países. Por outra banda constituiranse grupos de traballo apra afondar nos diferentes eidos do programa, tales como a a cooperación ou a formación de docentes.

A xornada forma parte do plan anual de formación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e certificarase aos asistentes con oito horas de formación.

9 de marzo de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.