publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Seis persoas feridas nun accidente de tráfico en Mesía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMesíaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un total de seis persoas, de entre 18 e 25 anos, resultaron feridas a última hora deste domingo nun accidente de tráfico rexistrado na localidade coruñesa de Mesía. Segundo informaron fontes de emerxencias, o aparatoso accidente tivo lugar na estrada N-634 ao seu paso pola parroquia de Lanzá, en Mesía, onde chocaron dous vehículos.

Até o lugar desprazáronse cinco ambulancias asistenciais e unha ambulancia medicalizada do 061, así como persoal sanitario da PAC de Ordes e da PAC de Curtis. Tamén interviñeron membros da Garda Civil e do GES de Curtis.

Catro dos feridos, dous homes e dúas mulleres de 18, 19, 20 e 25 anos, foron trasladados até o Hospital Clínico de Santiago; mentres que dous mozos de 19 anos foron trasladados ao Hospital San Rafael da Coruña.

21 de marzo de 2016 | 10:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.