publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rouban unha grúa coroada de especie protexida do parque de Avifauna en Outeiro de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOuteiro de ReiPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha grúa coroada macho, unha especie protexida, foi roubada do parque de Avifauna, situado no lugar de Bravos, no Concello de Outeiro de Rei (Lugo). Segundo o parte de denuncia presentado ante a Garda Civil, o encargado deste parque, que é un zoolóxico ornitolóxico, alertou o pasado 28 de marzo da desaparición desta ave de cor gris e azulada, que falta dende o pasado 25 de marzo.

En concreto, crese que a desaparición se produciu entre as 20,00 horas do pasado 25 de marzo e as 10,00 horas do día seguinte, “cando autor ou autores descoñecidos tras romper a tea metálica do recinto accederon ao interior”, sinalan fontes da investigación.

Logo “romperon a malla metálica dunha gaiola”, da cal falta unha grúa coroada macha, de cor gris e azulada con número de identificación 7522-10-3 AVIF-20.

Segundo informa Avifauna na súa páxina web, a grúa coroada está incluída na lista CITES de especies protexidas dende 1985, nese momento atopaban máis de 7000 exemplares no comercio internacional, “moitas desas operacións eran ilegais ao non ser os países destinatarios parte de CITES”. Así, fontes da investigación cren que o roubo pode estar relacionado co “tráfico de especies protexidas”.

30 de marzo de 2016 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.