publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os servizos de emerxencia continúan a busca do pescador desaparecido en Malpica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de BergantiñosSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos de emerxencias coordinados por Salvamento Marítimo continuaron a primeira hora deste mércores a busca do pescador desaparecido o pasado domingo en Punta Nariga, no concello coruñés de Malpica.

Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, nos labores de busca participan este mércores a Salvamar Altair e a Patrulleira Río Xallas, da Garda Civil.

Así mesmo, por terra rastrexan a costa efectivos de Protección Civil de Malpica e está previsto que á busca se incorpore ao longo do día o helicóptero Helimer 401. A zona de busca de estende dende Punta Nariga ata Cabo Roncudo.

A desaparición produciuse sobre as 14,00 horas do pasado domingo, cando o home, que acudira a pescar cun compañeiro, se ausentou do lugar onde se atopaban e non regresou. Polo momento, os servizos de emerxencias non atoparon ningún rastro do desaparecido.

16 de marzo de 2016 | 16:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.