publicidade hoxe

O presidente de Portos de Galicia valora os danos causados polos últimos temporais en Corme

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+
José Juan Durán en Corme

José Juan Durán en Corme

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acompañado por técnicos deste ente dependente da Consellería do Mar, visitou esta mañá as instalacións portuarias de Corme, no concello de Ponteceso, para comprobar os efectos que tiveron os últimos temporais neste porto.

As incidencias rexistradas neste peirao son de carácter leve e a maioría producíronse nos
pantaláns nos que atracan os profesionais do sector. O ente público procederá a executar as reparacións dos danos producidos o antes posible e cando as condicións climatolóxicas o permitan.

Segundo primeiras estimacións, o custo dos danos producidos é de arredor de 10.000 euros. Quedan por comprobar as zonas somerxidas que serán inspeccionadas por mergulladores cando as condicións do mar o permitan.

Esta visita é unha máis das que o presidente do ente público está a levar a cabo naquelas instalacións afectadas polos últimos temporais. Durante ela o presidente de Portos estivo acompañado pola patroa maior, Carmen Suarez, que lle trasladou demandas relacionadas co porto como a instalación dunha canaleta, con foso e separador na zona de varada e guindastre para recollida de augas e residuos e tamén a pavimentación da superficie do vial de entrada ao porto, diante da lonxa. Estas peticións serán avaliadas e analizadas polos servizos técnicos de Portos de Galicia.

1 de marzo de 2016 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.