publicidade hoxe

O director xeral de Desenvolvemento Rural reúnese coa xunta local de Losón e Vilatuxe para analizar o estado das obras de concentración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuníronse esta mañá cos representantes da xunta local da zona de concentración de Santa Baia de Losón co fin de analizar o estado das obras e para darlle a coñecer aos veciños as actuacións que se están realizando e as que se van acometer nos vindeiros días.

Así mesmo, o director xeral quixo poñer de releve que as obras non están paradas e que avanzan a bo ritmo, a pesar das inclemencias meteorolóxicas dos pasados días, e manifestou o seu pesar pola falta de colaboración do concello, que coa actuación pouco construtiva do alcalde, o único que se acada e xerar discordia entre as administracións e os veciños.

Antonio Crespo, recordou que o investimento que se realizar na apertura da rede de camiños secundarios de concentración ascende a 347.157 euros e explicou que se leva executado xa o 37.9% da obra. Nos vindeiros días a empresa Tragsa volverá a retomar as obras de apertura de camiños que teñen prazo de execución ata o vindeiro 5 de agosto.

Na xuntanza tamén estaban presentes representantes das empresas que se ocupan das obras de concentración, os cales deron conta das actuacións feitas ata o de agora e cales se van a desenvolver proximamente. Explicaron que no mes de decembro se contratou o acordo ao que se están a destinar 37.167,57 euros e tamén se anunciou que o vindeiro 4 de abril, a empresa Lagares Oca, vai proceder ao replantexamento das fincas(colocación dos marcos), o que implica a colocación de aproximadamente 2000 marcos para delimitar mesmas, aos que se destinan 43.400 euros.

Neste encontro tamén se lembrou que o momento de incluír os núcleos na concentración, é na fase de acordo, sendo o único que ten que ten que solicitar o concello nesta fase e que non fixo. No día de onte emitiuse dende a xefatura territorial comunicado para que o soliciten.

Ademais, tamén se lembrou que o momento de incluír os núcleos rurais na concentración é antes da aprobación do acordo, sendo o único que ten que solicitar o concello dende que se aprobou a Metaga en agosto do ano pasado, e que de momento non fixo.

No día de onte emitiuse dende a Xefatura Territorial un comunicado lembrándolle o procedemento por se consideran conveniente solicitalo.

Vilatuxe

Os representantes da Xunta de Galicia e os técnicos das empresas responsables das obras de reestruturación parcelaria tamén se reuniron cos veciños da parroquia de Vilatuxe para falar da boa marcha das actuacións.

Neste momento estanse realizando actuacións que supoñen un investimento na zona de 262.269 euros que permitirá aos 524 propietarios a axeitada explotación das 1231 fincas resultantes do proceso de reestruturación.

Neste proceso de reorganización lévanse investido algo máis de 2.5 millóns de euros, tanto en obras como en servizos técnicos.

18 de marzo de 2016 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.