publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O asasino de Lupe Jiménez é condenado a 20 anos de prisión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada esquerdaSucesosVilaboa
A-
A+
Europa Press

A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou este mércores a José Luís Cortiñas Romero a 20 anos de prisión polo asasinato da súa esposa, Lupe Jiménez, ocorrido en febreiro de 2014, cando a muller se atopaba embarazada.

Na sentenza, a Audiencia impón ao condenado a pena máxima de prisión polo delito de asasinato con agravante de parentesco e atenuante de confesión da pena, 20 anos, tal e como pedían tanto a Fiscalía como a acusación particular. Así mesmo, non poderá achegarse nin comunicarse cos seus fillos durante 21 anos.

A maiores, o condenado deberá indemnizar aos fillos menores da vítima no momento do seu asasinato con 60.000 euros e con 30.000 euros aos maiores de idade. Tamén terá que pagar, en concepto de indemnización por dano moral, 6.000 euros a cada unha das irmás de Lupe Jiménez.

O xurado popular considerou tras o xuízo a José Luís Cortiñas culpable do delito de asasinato da súa muller, Lupe Jiménez, ocorrido o febreiro de 2014, cando o home acudiu á localidade pontevedresa de Vilaboa, onde a muller estaba a residir coa súa nai, e obrigouna a acompañalo de volta á cidade de Lugo.

Con todo, nalgún punto do camiño, o condenado golpeouna repetidas veces e, co ánimo de matala, asestoulle 12 puñaladas. Posteriormente, deixou o seu cadáver nun camiño forestal.

2 de marzo de 2016 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.