publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente investirá 230.000 euros no empedrado do Camiño Real entre o núcleo de Melón e o da Ponte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelón
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá máis de 230.000 euros na obra de empedrado co Camiño Real entre o núcleo de Melón e o da Ponte.

Así o acordaron hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Cristina Francisco Vílchez, logo dunha xuntanza de traballo na que abordaron diversos temas de interese para o concello.

A execución destes traballos estenderase entre este ano e o seguinte, e centrarase no tramo que conecta a N-120 ao pobo da Ponte. Ao mesmo tempo, esta actuación permitirá mellorar o contorno do Mosteiro de Santa María de Melón.

En concreto, os traballos consistirán na pavimentación e creación dun novo alumeado público na praza, así como na pavimentación de adoquín de granito e pedra gris.

30 de marzo de 2016 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.