publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente investirá 100.000 euros na mellora do abastecemento en Corvelle, no Concello de Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Bande

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Bande

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá case 100.000 euros na mellora do abastecemento da parroquia de Corvelle, no concello de Bande.

Así llo trasladou hoxe a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade, José Antonio Armada, nunha reunión de traballo na que lle indicou que a previsión é licitar os traballos este mesmo ano.

Actualmente, a parroquia de Corvelle padece problemas de subministro de auga, especialmente cando a demanda é alta, como no verán. Esta situación vén ocasionada por un depósito antigo e de escasa capacidade, que se suma a unhas captacións que non se atopan no seu estado óptimo.

De aí que o proxecto, actualmente en fase de supervisión técnica, prevea aproveitar dous novos mananciais mediante cadansúa captación. A condución continuará ata o novo depósito, que se prevé construír para garantir as reservas de auga. Dende o depósito sairá unha tubaxe de abastecemento para conectar coa rede existente. As canalizacións discorrerán pola marxe externa da estrada local asfaltada, sen afectar practicamente en ningún punto ao pavimento da mesma.

O novo depósito de abastecemento, de 75 m3, será de formigón armado e estará dotado da súa correspondente cámara de chaves e contador. Construirase tamén unha caseta de bloque na cal se instalará, para garantir a potabilización da auga, un equipo dosificador de hipoclorito por enerxía eléctrica.

2 de marzo de 2016 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.