publicidade hoxe

Medio Ambiente e Concello de Ribadeo avalían o Plan de conservación da praia das Catedrais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadeo
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Ribadeo. Foto: A. Varela

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Ribadeo. Foto: A. Varela

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza de traballo co alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, para abordar diversos temas de interese para a localidade.

No encontro, trataron especialmente o Plan de conservación do monumento natural da praia das Catedrais. Mato detalloulle ao alcalde as principais liñas de actuación previstas pola Xunta e adiantoulle que se presentarán polo miúdo a próxima semana.

Ao respecto, a titular do departamento autonómico insistiu no compromiso que mantén o Goberno autonómico co mantemento e conservación deste espazo. Como proba, recordou que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, investiu en 2015 máis de 251.000 euros en distintas actuacións destinadas a este enclave.

Durante a xuntanza, o alcalde tamén lle trasladou á conselleira os principais eixos do Plan sectorial de usos e conservación do monumento natural no que está traballando actualmente o goberno municipal

Hai que recordar que os interesados en visitar a praia das Catedrais durante a Semana Santa (entre o 19 e o 28 de marzo, incluídos) xa poden facer a súa reserva a través da páxina habilitada a tal fin: https://ascatedrais.xunta.es/

4 de marzo de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.