publicidade hoxe

Medio Ambiente destina 100.000 euros ás obras de acondicionamento da Praza de Puxedo en Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobios
A-
A+
Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Lobios. Foto: C. Paz

Beatriz Mato na reunión coa alcaldesa de Lobios. Foto: C. Paz

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co Concello de Lobios no acondicionamento da Praza de Puxedo. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa da Lobios, María del Carmen Yáñez Salgado, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Lobios para a realización das obra de acondicionamento desta zona do municipio, cuxo investimento ascende a case 100.000 euros.

Esta actuación forma parte dunha das principais liñas de acción da Consellería de Medio Ambiente, o Plan hUrbe, co que se impulsan obras que se consideran necesarias para mellorar a calidade de vida da poboación, construíndo espazos seguros, accesibles, harmonizados co medio e potenciadores da imaxes do municipio.

Así, a Praza de Puxedo constitúe o único espazo aberto de encontro e convivencia e esparcemento co que contan os veciños do núcleo de Puxedo. Trátase dunha zona moi transitada, por atoparse nesta unha capela, que é lugar de culto para veciños e foráneos do lugar. No lugar existe tamén un peto das ánimas e un cruceiro; elementos catalogados como bens de interese cultural (BIC).

Grazas a esta actuación do Plan hUrbe, pavimentarase unha zona de 800 m2 e instalarase un novo alumeado público na praza, con focos de chan para a iluminación puntual da capela e do peto das ánimas. Para acometer as obras será necesario levantar o pavimento existente a base de soleira de formigón armado, para poder manter a cota que ten a día de hoxe a praza.

Así mesmo levaranse a cabo obras de desmontaxe da rede de regadío, realizándose posteriormente unha nova instalación a base de arquetas sumidoiro con reixa de fundición, condutos enterrados de formigón e arquetas de rexistro conectadas á rede municipal existente. Tamén se executará unha nova canalización para aloxamento dar rede eléctrica formada por dous condutores de tubaxe de polietileno, para proceder ao cambio da rede aérea.

En base a esta colaboración, o Concello de Lobios comprométese a redactar os documentos técnicos que definan as obras a executar; realizar as xestións para a obtención dos permisos, licencias e autorizacións regulamentarias, e levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección, control e recepción das obras.

A previsión de ambas administracións é que as obras se inicien esta primavera e estean rematadas este mesmo ano.

14 de marzo de 2016 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.