publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan o cadáver dunha muller no río Sor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMañónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Veciños localizaron este luns o cadáver dunha muller flotando nas augas do río Sor, en Mañón (A Coruña), segundo informa o centro de atención ás emerxencias 112.  O corpo foi visto pouco antes das 16,00 horas desta tarde na área recreativa de Segade. Até o punto dirixíronse os bombeiros de O Eume e os membros do GES de Ortigueira e Protección Civil da localidade, que traballan no rescate do cadáver.

Tras ser informada polo 112, a Garda Civil indicou que acababa de recibir unha alerta por unha muller desaparecida na zona. Os axentes comprobarán se se trata da mesma persoa.

14 de marzo de 2016 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.