publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan o cadáver dun home no encoro de Belesar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un veciño que pasaba pola zona localizou sobre as 9.00 horas deste luns un cadáver no encoro de Belesar, situado no concello lucense de Chantada e onde hai un mes se perdeu a pista a un mozo de 23 anos veciño de Láncara.

Segundo informaron fontes de emerxencias, o achado produciuse na zona da ponte de Belesar. No lugar traballan efectivos de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e Bombeiros para tratar de retirar o corpo da auga.

A falta de que a autopsia confirme a identidade do falecido, os servizos de emerxencias confirmaron que se trata dun home novo. Dáse a circunstancia de que neste encoro se buscou durante varias xornadas a un mozo de 23 anos desparecido hai un mes en Láncara e o vehículo abandonado do cal foi atopado nas inmediacións do encoro, polo que fontes próximas ao operativo cren que podería tratarse desta persoa.

14 de marzo de 2016 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.