publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferida grave unha muller nun accidente de tráfico en Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeisPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 37 anos, de iniciais E.C.S., resultou ferida grave este luns nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Meis. Segundo informou o 061, o accidente, consistente nunha saída de vía, tivo lugar na Vía Rápida do Salnés, en Meis, sobre as 15,20 horas.

Até o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial con persoal sanitario da PAC de Cambados, así como o helicóptero medicalizado do 061, que trasladou á muller, en estado grave, ao Hospital Clínico de Santiago.

21 de marzo de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.