publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Toques que afectou a 29 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosToques
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural informou da extinción dun incendio forestal na parroquia de Monte, no municipio coruñés de Toques. As lapas afectaron a unha superficie de 29 hectáreas de monte raso.

Segundo explicou o departamento autonómico, o lume comezou ás 22,45 horas do xoves e quedou extinguido ás 5,22 horas da madrugada deste venres.

Nos labores de extinción traballaron dous axentes forestais, cinco brigadas e tres motobombas.

A Consellería do Medio Rural recordou que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

18 de marzo de 2016 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.