publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous accidentes con maquinaria agrícola deixan dous feridos en Monforte e Ribadavia

Europa Press

Dous accidentes con maquinaria agrícola acontecidos de forma case simultánea saldáronse este martes con dúas persoas feridas de consideración nas localidades de Monforte (Lugo) e Ribadavia (Ourense). O primeiro dos sucesos aconteceu sobre as 10.45 horas na rúa Carude da localidade lucense de Monforte, onde un home que traballaba cun motocultor no seu terreo particular sufriu un accidente.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Monforte, Policía Nacional e Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061. Nun primeiro momento, o ferido foi trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia. Non obstante, finalmente foi derivado en helicóptero medicalizado ao Hospital Xeral de Lugo.

Case á mesma hora, o 112 rexistrou outro suceso similar acontecido en Ribadavia, onde un home que realizaba traballos cun motocultor no seu terreo, no lugar de Ventosela, sufriu un accidente.

Debido á importancia das lesións, desprazouse ata o lugar o helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense, aínda que finalmente o home foi trasladado ao hospital en ambulancia. No operativo interviñeron tamén membros do GES de Ribadavia e da Garda Civil.

15 de marzo de 2016 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.