publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Desaloxan unha ducia de usuarios dun autobús escolar que comezou a arder en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSoberSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha ducia de alumnos que viaxaban nun autobús escolar tivo que ser desaloxados despois de que o vehículo comezase a arder mentres transitaba polo concello lucense de Sober. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 8.30 horas deste mércores na estrada que une Sober con Arxemil.

Foi o propio condutor do autobús o que se decatou do incendio, ordenou aos usuarios baixar do vehículo e conseguiu apagar as chamas. No entanto, até o lugar desprazáronse os Bombeiros de Monforte e efectivos da Garda Civil.

Ningún dos usuarios -de entre 12 e 18 anos- sufriu danos e xa foron trasladados noutro autobús ao seu centro escolar, situado no Concello de Monforte.

2 de marzo de 2016 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.