publicidade hoxe

Cores Tourís comproba as obras de mellora da rúa Progreso de Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanxenxo
A-
A+
Visita ás tarefas de mellora na rúa Progreso

Visita ás tarefas de mellora na rúa Progreso

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o inicio das obras de mellora da rúa Progreso na PO-308, no concello de Sanxenxo. O delegado estivo acompañado nesta visita polo alcalde da localidade, Gonzalo Pita, o xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, e o xefe do Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez.

Segundo informou o delegado territorial, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda actuará entre o punto quilométrico 16+100 e 17+850 da rúa Progreso, “en total, sobre uns 3.000 metros cadrados de superficie”.

As obras englóbanse dentro das actuacións de conservación da estrada PO-308, na travesía de Sanxenxo, e suporá a reparación da capa de rodadura, naquelas zonas que existe deformación e degradación. Fresarase así cun espesor de 5 centímetros e posteriormente, estenderase e compactarase con mestura bituminosa en quente.

As obras remataranse mañá, aínda que continuarán un día máis trala petición de reforzo do firme por parte do alcalde en Baltar. “A reforma integral desta rúa levarase a cabo con posterioridade”, explicou Cores Tourís, “xa que se tratará dunha obra máis importante que levará máis tempo e se achega a Semana Santa. Con esta mellora que estamos a facer gánase en seguridade viaria”.

En relación a futura reforma integral da rúa, o Consellería de Infraestruturas e Vivenda xa lle transmitiu ao alcalde que están de acordo na firma dun convenio de colaboración para a execución das obras, matizando que debe ser tamén o concello o quen redacte o proxecto. “É o municipio quen mellor sabe as necesidades que ten esta rúa, por lo que creemos que debe implicarse no deseño da mesma, tanto en relación ás beirarrúas como ao mobiliario urbano necesario, servizo de saneamento e pluviais, iluminación”, engadiu o delegado territorial.

Tal e como apuntou o delegado territorial, os técnicos da Xunta e os do concello de Sanxenxo se poñerán xa a traballar neste proxecto de forma practicamente inmediata, “porque sabemos que se trata dunha das rúas máis importantes en Sanxenxo”.

14 de marzo de 2016 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.