publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Comisan 250 quilos de ourizo nun operativo contra o furtivismo en Barreiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreirosSucesos
A-
A+
Europa Press

Un total de 250 quilogramos de ourizo foron comisados nun control da comercialización e contra o furtivismo levado a cabo na a-8, á altura de San Cosme de Barreiros (Lugo).

A operación foi realizada por Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Garda Civil dos municipios lucenses de Burela e Xove, segundo explicou a Consellería do Mar nun comunicado.

O produto confiscouse tras a inspección dun vehículo no que no que se detectou que o ourizo transportado nel non estaba debidamente documentado e incumpría os requisitos regulamentarios de comercialización da especie.

En concreto, a incautación do ourizo, valorado en máis de 1.200 euros, enmárcase nos traballos de control da comercialización e transporte nos portos e estradas da Comunidade galega. A estas accións súmanse os controis de baixamar nas praias.

18 de marzo de 2016 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.