publicidade hoxe

Clausúrase o obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA BañaA CoruñaNegreiraSanta CombaVal do Dubra
A-
A+
Clausura do obradoiro

Clausura do obradoiro

O delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Diego Calvo, participou esta mañá no acto de clausura do obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra III, no que participaron un total de 19 mozos de entre 19 e 26 anos.

Ao acto, celebrado na Casa da Cultura da Baña, tamén asistiron os alcaldes dos municipios que participaron de forma conxunta nesta iniciativa (A Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra) e tamén os membros do equipo docente do obradoiro.

Todos eles coincidiron en salientar a “boa formación” que se ofrece aos mozos neste tipo de actividades, xa que “buscamos especialidades con demanda no mercado laboral para favorecer a inserción de todos os participantes”. Neste caso, impartíronse dúas especialidades: atención sociosanitaria a persoas a domicilio e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría.

Durante a súa intervención, Diego Calvo fixo fincapé no “esforzo económico” que realiza a Xunta de Galicia nestes obradoiros, cunha duración de seis meses, aínda que puntualizou que “os 172.957,29 euros que se destinaron a este obradoiro non suponen un gasto, senón unha inversión de futuro”, xa que “teñen como obxectivo a inserción laboral destes mozos”. Do mesmo xeito, advertiulles a todos os presentes que “rematar este obradoiro non pode verse como un punto e aparte” e animou aos mozos a seguir formándose para, dixo, “facervos canto antes un oco no mercado laboral”.

14 de marzo de 2016 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.