publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Carmela Silva asina o convenio de colaboración co Club Balonmán Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, firmou hoxe co presidente do Club Balonmán Cangas, Adolfo Camiña, o convenio de colaboración polo que a entidade provincial achega a cantidade de 45.000 euros anuais ao club deportivo cangués. Á firma tamén acudiu o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos.

Este convenio contempla que o Club Balonmán Cangas deberá mostrar na súa camiseta oficial o logotipo da Deputación de Pontevedra ademais de figurar en diversos soportes publicitarios do pavillón do Gatañal dos partidos oficiais da liga Asobal e noutros materias da sociedade deportiva.

Tamén recollese no convenio que o Cangas facilitará invitacións para asistir aos partidos os escolares das escolas deportivas de balonmán dos concellos, salvo os partidos declarados como “día do club”.

O convenio contemplase dentro do plan de apoio da Deputación de Pontevedra ao deporte e os clubs da provincia que xogan nas ligas máis importantes de cada unha das disciplinas deportivas.

Así nestes días estanse a firmar os convenios de colaboración con outros clubs como o Real Club Celta, o Pontevedra C.F., o Coruxo F.C., a Sociedade Deportiva Teucro, que foi firmado onte, o Club Atlético Guardés, o Club Balonmán Porriño, o Fútbol Sala de Poio, o Gimnástia de Atletismo de Pontevedra e o Club Ciclista Froiz.

O apoio do novo goberno da Deputación de Pontevedra ao deporte vense reflexado na incorporación, aprobada no último pleno, de 2,6 millóns de euros o orzamento de máis de seis millóns de euros que se tiñan consignados no orzamento inicial. Con esta incorporación de remanentes a Corporación poderá atender unha maior implicación en materia deportiva en toda a provincia e potenciar axudas para clubs ou outras entidades.

15 de marzo de 2016 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.