publicidade hoxe

Alfonso Rueda mantén unha xuntanza cos alcaldes de Curtis e Sobrado onde abordaron as subvencións da Vicepresidencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtisSobrado
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión cos alcaldes de Curtis e Sobrado

Alfonso Rueda na reunión cos alcaldes de Curtis e Sobrado

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda mantivo hoxe unha reunión cos alcaldes de Curtis, Javier Francisco Caínzos e de Sobrado, Luis Lisardo Santos, onde abordaron a maneira de poder optar de maneira conxunta ás subvencións de infraestruturas e servizos, que ten o goberno galego para os concellos.

Rueda explicoulles que, por exemplo, grazas á orde de infraestruturas, dende a Xunta estase a apoiar aos concellos galegos para financiar infraestruturas de uso público, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais onde se presten servizos administrativos.

Estas últimas axudas, ás que corresponden a proxectos compartidos, aumentaron nesta convocatoria e pasan dos 46.000 aos 50.000 euros. Esta subida consolida e reforza as medidas relativas á xestión eficaz e eficiente dos recursos dispoñibles e continúa a senda iniciada en 2013, de incentivar a cooperación entre concellos para unha xestión máis eficaz.

As ordes de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) e de Infraestruturas de uso público, ambas destinadas ás entidades locais de Galicia para este ano, teñen unha asignación inicial que supera os 16 millóns de euros.

4 de marzo de 2016 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.