publicidade hoxe

A Xunta promociona o patrimonio marítimo e cultural de Galicia nos ‘Cruceiros costeiros polas rías galegas’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaLocal Portada
A-
A+
Presentación dos itinerarios ‘Cruceiros costeiros polas rías galegas’

Presentación dos itinerarios ‘Cruceiros costeiros polas rías galegas’

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron esta mañá en Baiona as rutas que conformarán os cruceiros costeiros polas rías galegas, que comezarán a operar o vindeiro 15 de abril e rematarán no seu primeiro ciclo o 15 de outubro.

Os obxectivos desta iniciativa teñen como fin a desestacionalización do turismo e a posta en valor do patrimonio, da gastronomía e da cultura dos concellos e contornas polas que farán escala os cruceiros. Estas rutas poderán facerse en tres modalidades: nun catamarán con estancias en terra; nun veleiro con instructor a bordo, e nun veleiro acompañado na modalidade de flotilla (grupo de barcos).

José Juan Durán subliñou que a Consellería do Mar pretende impulsar estes cruceiros “para seguir dinamizando os portos autonómicos”. Pola súa banda, Nava Castro destacou que este novo produto turístico posicionará as rías galegas como un destino náutico internacional e converterá a nosa comunidade en referencia europea en cruceiros costeiros.

As persoas interesadas en participar nos cruceiros “Tesoros das Rías de Galicia” e “Illas Atlánticas e Vilas Mariñeiras” xa poden facer as súas reservas on line na páxina web www.nauticdestination.com.

16 de marzo de 2016 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.