publicidade hoxe

A Xunta inicia os trámites para subsanar os erros no proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
O director xeral do IGVS na reunión co alcalde da Estrada

O director xeral do IGVS na reunión co alcalde da Estrada

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), iniciou a semana pasada os trámites de retroacción do expediente de aprobación definitiva do proxecto sectorial da Cidade do Moble, co fin de dar cumprimento á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que anulaba o proxecto por carecer de informe sobre a necesidade de redes públicas de comunicacións electrónicas no ámbito do proxecto sectorial.

Coa resolución de retroacción parcial do expediente, determinase solicitar dito informe ao órgano competente da administración xeral do Estado, para a posterior convalidación por parte do Consello da Xunta de Galicia do proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada.

O inicio de ditos trámites foille comunicado ao alcalde da Estrada polo director xeral do IGVS nunha reunión celebrada hoxe en Santiago.

Na mesma xuntanza, o director indicou que o IGVS comezará a execución dos traballos técnicos para a modificación puntual do proxecto sectorial da Cidade do Moble da Estrada.

Coa modificación puntual, o proxecto do parque empresarial dividirase en polígonos, de maneira, que se poida desenvolver por partes e conforme á demanda real que se contraste a través do Rexistro de Demandantes de Solo Empresarial.

Para elo, empregaranse os recursos dispoñibles de forma eficiente e dando resposta ás necesidades dos empresarios da Estrada ou aos interesados en asentarse neste concello. Así mesmo, flexibilizaranse os usos previstos para esta actuación de solo empresarial co obxectivo de facilitar o asentamento das empresas interesadas en instalarse nesta vila pontevedresa.

7 de marzo de 2016 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.