publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta asigna catro vivendas de promoción pública en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal Portada
A-
A+

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, realizou hoxe o sorteo de asignación entre adxudicatarios de catro vivendas de promoción pública en Chantada. Este sorteo serviu para asignar unha vivenda concreta a cada un dos adxudicatarios, que despois puideron coñecer as súas futuras vivendas acompañados de técnicos da Xunta.

As vivendas están incluídas nun grupo de oito vivendas de promoción pública rehabilitadas no casco vello da vila, concretamente na praza de España e na rúa Daniel Vázquez Boo, cun investimento de preto de 350.000 euros. As catro vivendas restantes xa foron entregadas aos seus adxudicatarios.

Así mesmo, o próximo venres 18 sortearanse entre os adxudicatarios nove vivendas de promoción pública en Becerreá.

Despois do sorteo e unha vez coñecida a vivenda que corresponde a cada adxudicatario, o Instituto Galego da Vivenda e Solo realizará o estudo económico no que se determina o réxime de adxudicación (alugueiro ou compravenda) e o prezo a pagar, en función dos ingresos e composición da familia. A normativa obriga a adxudicar en réxime de alugueiro cando os ingresos ponderados do adxudicatario non superan 1,5 veces o Iprem.

Posteriormente comunicarase a adxudicación e as súas condicións a cada adxudicatario, abríndose un prazo para a aceptación da vivenda e para a realización dos trámites previos á entrega de chaves.

No último ano a Xunta entregou aos seus adxudicatarios máis de 400 vivendas de promoción pública nas catro provincias galegas.

16 de marzo de 2016 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.