publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudicará unha vivenda en réxime de aluguer social a unha familia afectada por unha execución hipotecaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

A Xunta de Galicia adxudicará unha vivenda de promoción pública propiedade do IGVS no concello pontevedrés de Cotobade a unha familia con fillos menores afectada por unha execución hipotecaria. A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou o caso na súa reunión de hoxe e propuxo a adxudicación directa da vivenda, adxudicación que corresponde realizar á conselleira de Infraestruturas e Vivenda. Por outra parte, onte asinouse o contrato de unha vivenda adxudicadas en réxime de alugueiro social no concello de Salceda de Caselas. A vivenda foi cedida pola SAREB ao IGVS.

30 de marzo de 2016 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.