publicidade hoxe

A Xunta adxudicará na Cañiza unha vivenda en alugueiro social a unha familia en situación de exclusión social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adxudicará unha vivenda no concello pontevedrés da Cañiza a unha familia con fillos menores en situación de exclusión social. A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra estudou o caso na súa reunión de hoxe e propuxo a adxudicación directa da vivenda, que corresponde realizar á Conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

O inmoble, que foi cedido ao IGVS por Abanca, está emprazado na Cañiza e conta con tres dormitorios.

A Xunta avanza deste xeito no cumprimento do Plan rehaVita, que reforza as medidas destinadas a garantir un fogar as familias máis desfavorecidas. Así, estas solucións non só se dirixen a aquelas persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca da súa vivenda, senón que tamén se ofrece colaboración a outros problemas de índole social.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda lembra que está a dar resposta a todas as familias que solicitan axuda. Neste sentido, no último ano multiplicáronse os esforzos para achegar solucións ás persoas en situación de risco, mediante novos programas de axuda como o Bono de Alugueiro social ou os convenios con entidades financeiras.

10 de marzo de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.