publicidade hoxe

A nova ITV do Carballiño contribuirá á seguridade e ao respecto ambiental chegando ás 14.000 inspeccións anuais no 2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Carballiño
A-
A+
Ángel Bernardo Tahoces no Carballiño

Ángel Bernardo Tahoces no Carballiño

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, salientou hoxe no Carballiño que a nova ITV que estará activa na localidade a finais de 2016 contribuirá á seguridade vial e ao respecto ao medio ambiente no parque móbil galego, chegando ás 14.000 inspeccións anuais de vehículos no 2020.

Nun encontro no que tamén participou o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, así como o presidente de Supervisión y Control, Amador de Castro, así como a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, Bernardo Tahoces sinalou que con esta infraestrutura, que suma un investimento de preto de 1 millón de euros, se melloran os servizos que se prestan aos cidadáns.

A nova estación fixa do Carballiño, que contará cunha nova liña de inspección, prevé iniciar a súa actividade atendendo, no primeiro exercicio, arredor de 5.000 vehículos. Unha cifra que se ampliará progresivamente ata acadar as 14.000 inspeccións anuais no ano 2020.

Grazas á nova infraestrutura, os cidadáns verán reducidas as distancias a percorrer para pasar as inspeccións técnicas dos seus automóbiles, así como os tempos de espera. Ademais, a estación supón tamén unha oportunidade impulso da economía local, permitindo a creación de 4 postos de traballo.

Así, e trala finalización dos traballos nesta e noutras dúas estacións, Galicia disporá de 26 estacións fixas, 10 móbiles e 88 liñas de inspección que facilitan e garanten que os coches que circulan polas estradas da Comunidade cumpren cos parámetros de seguridade e respecto ao medio ambiente de forma rigorosa, ao tempo que se impulsa a competitividade empresarial.

Neste contexto, o investimento previsto no Carballiño súmanse aos máis de 8 millóns do período 2010-2015. Así, nestes anos impulsáronse actuacións como a ITV de Bueu, a ampliación da de Vilalba, as novas estacións móbiles de agrícolas e de lixeiros, ou o laboratorio de frío da ITV de Espírito Santo en Sada. Ademais, ao longo deste exercicio comezarán a operar dúas novas estacións: a de Santiago, ubicada no polígono de A Sionlla; e a de Nigrán, no Porto do Molle.

Así mesmo, cómpre salientar que as tarifas da ITV en Galicia para este ano 2016 rexistran unha nova baixada de prezos para a revisión das distintas categorías comprendidas. Trátase do terceiro exercicio consecutivo de descenso de prezos, cunha redución con conxunto dos tres anos de máis do 2%, o que fai máis accesible as inspeccións de cara a un bo funcionamento do parque móbil da Comunidade.

8 de marzo de 2016 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.