publicidade hoxe

A Feira sobre o polígono de San Cibrao pechará os actos conmemorativos organizados polo 50º aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cibrao das Viñas
A-
A+
Presentación da feira

Presentación da feira

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá na presentación aos medios de comunicación da programación de actos previstos para pechar a conmemoración dos 50 anos de historia do polígono industrial de San Cibrao, un dos maiores polígonos empresariais de Galicia e o máis antigo. Expourense acollerá os días 1 e 2 de abril unha feira de mostras sobre este recinto empresarial.

Na súa intervención, Díaz Mouteira, subliñou o respaldo de distintos departamentos autonómicos á actividade industrial deste recinto que cumpriu medio século de actividade “para continuar a impulsar a competitividade das empresas asentadas neste parque empresarial e promover a implantación de novos proxectos no mesmo”.

“Este polígono tense consolidado como un nodo de emprego e innovación que lidera a economía de Ourense”, dixo a delegada territorial, unha posición que fai de San Cibrao o centro gravitatorio ao redor do que orbitan os polígonos de Pereiro de Aguiar, Barreiros e Seixalvo, e dando cabida a un dos grandes referentes da innovación galega, o Parque Tecnolóxico de Galicia, que engloba a 87 firmas dos sectores máis punteiros, e a líderes da incubación e a innovación tecnolóxica como o Centro Tecnolóxico de Incubación de Coren, o Centro Tecnolóxico da Carne, a aceleradora Agrobiotech ou o CIS Madeira.

Nos preto de 5 millóns de metros cadrados que ocupa o polígono industrial de San Cibrao están establecidas 320 empresas, que xeran máis de 8.000 empregos directos.

21 de marzo de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.