publicidade hoxe

Xunta e concello de Cervantes colaboran na restauración dos libros de actas do Rexistro Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantes
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión co alcalde de Cervantes

Alfonso Rueda na reunión co alcalde de Cervantes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión co alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, na que acordaron colaborar na restauración dos libros de actas do Rexistro Civil desta localidade.

O Rexistro Civil de Cervantes está situado na planta baixa do Concello e garda os libros de actas de nacementos, matrimonios e defuncións, organizados en 178 tomos e clasificados en función do ano, desde 1895 ata a actualidade.

A importancia deste material e o mal estado no que se encontran algúns tomos -debido ao uso continuado e á propia natureza do papel- fan necesaria a conservación e restauración de parte destes documentos, que evite o seu deterioro e, incluso, a perda dos mesmos.

As actuacións levaranse a cabo en máis de 70 exemplares e consistirán nunha limpeza e restauración mecánica das follas rotas, así como a reconstrución do corpo de cada tomo, con cosido e encadernación.

11 de febreiro de 2016 | 17:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.