publicidade hoxe

Xornada Multilabores das Palilleiras de Mos o día 5 de marzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A  Asociación de Palilleiras/os de Mos, coa colaboración do Concello de Mos, organiza, o día 5 de marzo, no Multiusos das Pozas en Petelos, a primeira edición dunha Xornada Multilabores que incluirá diversos cursos de iniciación ao encaixe de bolillos, bordado ao aire, vainicas, puntos básicos de bordado e ganchillo.

Este encontro comezará ás 10.00 horas e prolongarase ata as 12.30 horas, e trala parada para xantar, retomarase dende as 16.00 horas ata as 18.30 horas.

Poden asistir tódalas persoas que o desexen, previa inscrición nos teléfonos 675310658, 616918164, ou 608885094, cun custe de 12 euros por anticipado, ou de 15 euros o propio día.

17 de febreiro de 2016 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.