publicidade hoxe

Xogos inchables, chocolatada polular e un desfile concentran as actividades de Entroido en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

A Comisión organizadora do Entroido 2016 en Palas de Rei presenta as actividades concentradas no luns e martes de entroido.

O luns 8 de febreiro terá lugar o entroido infantil, que comenza a partir das 16:30h. con xogos inchables e unha chocolatada popular na Praza do Concello de Palas de Rei.

O martes, 9 de febreiro terá lugar o desfile de entroido que este ano reparte un total de 770 euros en premios. Distribuidos en un premio especial a orixinalidade dotado de 110 euros e tres categorías:

 Individual (1ºpremio 50 euros, 2º premio 30 euros, 3º premio 20 euros)

Grupos ata 5 persoas (1ºpremio 85 euros, 2º premio 50 euros, 3º premio 25 euros)

Grupos (1ºpremio 210 euros, 2º premio 120 euros, 3º premio 70 euros)

O desfile da comenzo as 18:30 horas e a entrega de premios será as 21:00horas.

E necesario inscribirse, previamente, para participar no desfile de entroido. A inscripción é gratuita nas dependencias do Concello de Palas de Rei ou no teléfono 982380001.

4 de febreiro de 2016 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.