publicidade hoxe

Vitoria do Miudo de Francisca Barros no Trofeo Vitaldent do Monte Real

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportes
A-
A+

Emocionante segunda etapa do Trofeo Vitaldent organizado polo Monte Real Club de Iates. As condicións do vento, con picos de até 20 nós, e do mar, con ondas que superaron o tres metros, encheron de emoción as regatas celebradas esta tarde na bahía de Baiona.

O Miudo de Rui Ramada, patroneado nesta ocasión pola súa filla Francisca Barros, fíxose co triunfo da xornada tras lograr tres segundos postos no tres probas disputadas. A tripulación liderada pola regatista lusa logrou imporse aos que foron os seus dous rivais máis duros na auga, o Virazón, patroneado por Gerardo Alonso, e o Alumisel de Willy Caamaño. Ambos realizaron un gran traballo na auga e colocáronse en segunda e terceira posición respectivamente, separados apenas por un punto.

O Ferralemes, con Enrique Porto á cana, saíu disposto a dar guerra e superar o bronce conseguido na primeira xornada, pero finalmente caeuse do podio provisional e tivo que conformarse cun meritorio cuarto posto. 

A Lúa Nova de Juan Luís Tuero, patroneado hoxe por José Gándara;  o Namasté de Luís de Mira e o Pazo de Cea de Rita Hernández colócanse en quinta, sexta e sétima posición. Pecha a clasificación a Escola Náutico Corvo mariño, que hoxe non competiu.

A próxima cita co Trofeo Vitaldent, organizado en exclusiva para a clase J80, será o sábado 13 de febreiro. Coincidirá en data co Campionato Galego de 420, que tamén organiza o Monte Real Club de Iates.

1 de febreiro de 2016 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.