publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Varios accidentes na AP-9 debido a unha granizada á altura de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontecesuresPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A autoestrada do atlántico, AP-9, rexistrou varios accidentes con até sete vehículos implicados, nos que non houbo feridos, debido a unha forte granizada que comezou sobre as 15,30 horas.

Segundo informaron fontes dos equipos de emerxencias, contabilizáronse un total de tres accidentes no tramo da AP-9 entre a entrada da autoestrada de Pontecesures (Pontevedra) e Santiago, sentido capital de Galicia.

De regreso, tamén se rexistrou un cuarto sinistro de tráfico no que se viron implicados dous coches, aínda que en todo os casos non houbo feridos. Todos se produciron ao redor dos quilómetros 94 e 96 da AP-9.

No primeiro dos accidentes, debido á forte granizada, víronse implicados dous coches. Nun segundo, foi un turismo o que quedou “dado a volta” na calzada debido á situación meteorolóxica; mentres que o terceiro accidente dirección Santiago supuxo unha colisión dun coche contra un camión.

Ademais de efectivos de Protección Civil, foron mobilizados membros do GES de Valla e da Garda Civil de Tráfico. A autoestrada non chegou a rexistrar retencións e o tráfico está normalizado.

18 de febreiro de 2016 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.