publicidade hoxe

Un técnico da Deputación supervisará o proceso de selección dos 14 novos traballadores do Concello de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Un técnico da Deputación Provincial supervisará o proceso final de selección dos 14 novos traballadores do Concello de Ponte Caldelas, dentro do Plan de Emprego provincial como xeito de garantir a igualdade de oportunidades e transparencia. Será un total de 7 albaneis, 6 peóns de desbroce e 1 conductor con capacitación suficiente para manexar a maquinaria municipal, incluida a nova varredoira que procerá a mercar en breve o Concello de Ponte Caldelas.

Os 14 novos operarios estarán contratados entre o mes de marzo de outubro deste ano e percibirán un salario sensiblemente superior ao que lles ofrecía o anterior plan da Deputación de Pontevedra que fixaba en algo máis de 400 euros os seus emolumentos. Agora, coa axuda da nova administración provincial poderanse contratar por un salario neto preto dos 800 euros mensuais.

A selección de persoal realizarase en base a uns criterios establecidos pola Deputación de Pontevedra seguindo os principios da igualdade de oportunidade e a transparencia para garantir que calquera persoa que cumprira os requisitos poidera optar sin perxuizos ao proceso selectivo e onde o Concello de Ponte Caldelas manterase por completo ao marxe para evitar calquera inxerencia. 

Os candidatos para desempeñar estas funcións deberán ser persoas en situación de desemprego que veñen remitidos desde a Oficina de Emprego (tal e como determinan as bases definidas pola Diputación e están publicadas no BOP). A relación de aspirantes, os seus nomes e puntuación nas distintas probas de selección, será feita pública en todo momento a través do taboleiro de anuncios situado na planta baixa do Consistorio e a páxina web do Concello (www.pontecaldelas.org). 

Os candidatos serán sometidos a varias probas prácticas relacionadas co posto a desempeñar e que son previamente coñecidas polos aspirantes. Para o persoal de limpeza esixiráselle o manexo de rozadora e escobón, mentres que no caso dos destinados a cubrir un posto na brigada de reparación e mantemento de infraestructuras municipais terán que construír unha arqueta a catro alturas, sen romper ningún ladrillo, a escuadra e a nivel. Tamén deberán demostrar a súa pericia á hora de empaquetar unha peza de fontanería nun tempo máximo de dous minutos. 

O Plan de Emprego da Diputación é a única posibilidade que ten o Concello de Ponte Caldelas de poder contratar persoal xa que as restrictivas normativas aprobadas polo Goberno Central, dentro das novas directrices para a estabilidade presupuestaria fan imposible outra forma de ofertar postos de traballos por parte desta administración local.

O alcalde, Andrés Díaz, destacou o esforzo que realiza a Deputación neste capítulo non só pola oportunidade laboral que ofrece aos contratados en situación de desemprego senón tamén pola operatividade da que dota aos concellos pequenos para poder acometer un bo número de obras de limpeza, acondicionamiento, reparación e mantemento de infraestructuras municipais que, doutra forma non se poderían afrontar ante o limitado persoal de operarios municipais existente.

“Deste xeito, sinalou Andrés Díaz, poderemos dar resposta a moitas das peticións que nos están facendo os veciños nas distintas xuntanzas que realizamos nos 32 núcleos de poboación ao tempo que tamén daremos resposta a un dos nosos compromisos coa cidadanía como é a loita contra o desemprego. Conseguimos que a nova Deputación contratara ao persoal por un periodo de 35 horas semanais o que permite que os traballadores pasen de cobrar algo máis de 400 euros, que percibían co plan anterior do Partido Popular, a un salario aceptable que se achega ao 800 euros netos”, sinalou a alcalde de Ponte Caldelas.

Finalmente Andrés Díaz recordou que o Concello de Ponte Caldelas acaba de aprobar uns orzamentos que prevén incrementar o volume investidor con respecto ao ano pasado, subindo de 193.000 a 389.000 euros este apartado. Así, tamén haberá un plan de reposición de pavimento e muros de contención, cun orzamento que superará os 100.000 euros e tamén un incremento do 20% destinado a compra de material “para atender pequenas obras e reparacións reclamadas nas asembleas veciñais, dun xeito público e aberto, onde todo o mundo pudo opinar e ver o que se pedía e non, como antes, que se arranxaba en privado dun xeito caciquil, a porta pechada entre o alcalde e o veciño nunha clara práctica máis próxima á compra de favores que a unha xestión democrática. Precisamente estes operarios serán os encargados de efectuar estas obras que reclaman os veciños”, indicou o alcalde.

2 de febreiro de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.