publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un policía local resulta ferido tras ser atropelado en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un axente da Policía Local da localidade pontevedresa de Cangas resultou ferido na noite deste mércores tras ser atropelado por un vehículo mentres se atopaba de servizo.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 22.00 horas. Foi o seu compañeiro o que avisou aos servizos de emerxencias e trasladou ao ferido no seu vehículo a un centro de saúde.

Tras ter constancia do suceso, o 112 informou aos Bombeiros de Cangas e a Protección Civil da localidade.

18 de febreiro de 2016 | 10:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.