publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un incendio calcina por completo unha vivenda en Oímbra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOímbraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio rexistrado pasada a medianoite deste mércores calcinou por completo unha vivenda situada no municipio ourensán de Oímbra, aínda que non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo a información do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o lume iniciouse sobre a medianoite nunha vivenda do lugar de Videferre. Aínda que a casa está habitada, non había ninguén no seu interior no momento no que comezou o incendio.

Até o lugar desprazáronse efectivos de extinción dos parques comarcais de Verín e Xinzo de Limia, axentes da Garda Civil e persoal de Protección Civil e do Concello.

Os servizos de emerxencia confirmaron que a casa ardeu na súa totalidade e que o lume afectou tamén a dúas vivendas próximas.

3 de febreiro de 2016 | 10:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.