publicidade hoxe

Ribadumia acollerá un curso de manipulador de alimentos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia acollerá o vindeiro sábado  12 de marzo un curso de Manipulador de Alimentos na Casa da Cultura de Ribadumia. O curso, organizado por Cobraplag e coa colaboración do Concello de Ribadumia, terá unha duración de catro horas (10:00 a 14:00 horas). Ó finalizalo os participantes recibirán o certificado de manipulador de alimentos.

Esta formación esíxeselles a todas aquelas persoas que na súa actividade laboral teñen contacto directo cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, subministro e servizo. Algúns dos traballos nos que se esixe este documento son na hostalaría, nos supermercados, nas adegas, nas empresas de reparto ou mesmo como monitores do comedor escolar.

O prazo de inscrición xa está aberto nas oficinas do Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas ou no teléfono 986718491. O prezo do mesmo é de 25€. 

22 de febreiro de 2016 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.