publicidade hoxe

Ribadumia acolle a sesión “Qué pagas coa túa cota de autónomos? Beneficios sociais do traballador autónomo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración con Inter Asesoría organiza para o vindeiro martes 16 de febreiro unha sesión informativa gratuíta sobre os beneficios sociais do traballador autónomo.

Esta sesión, titulada baixo o nome “Qué pagas coa túa cota de autónomo?, ten como obxectivo informar ós asistentes dos beneficios sociais que o traballador autónomo adquire ao pagar a cota de autónomo. Os temas que se tratará son: xubilación, cese de actividade, baixa de maternidade/paternidade, outras baixas, incapacidades (temporais, permanentes, absolutas…), e os que poidan xurdir por parte dos asistentes. 

A charla será impartida por Raúl Gómez, responsable do Departamento Laboral de Interasesoría e Presidente de Graduados Sociales de Pontevedra. Ademais de explicar os beneficios, o ponente tratará de interactuar cos asistentes e que poidan expoñer as todas as dúbidas que precisen resolver na materia. 

A sesión terá lugar vindeiro martes 16 de febreiro na Casa de Cultura de Ribadumia a partir das 20:15 horas e a entrada é libre. Os interesados teñen que inscribirse nas oficinas do Concello de Ribadumia ou no teléfono 986718491 antes do día 16 de febreiro.

10 de febreiro de 2016 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.