publicidade hoxe

Reábrese á circulación a ponte sobre a ría de Noia afectada polo temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaNoia
A-
A+

A Xunta vén de restablecer totalmente a circulación na ponte sobre a ría de Noia afectada polo temporal acontecido na fin de semana pasada, que ocasionou desprendementos das barreiras sonoras desta infraestrutura. Estes danos nos citados paneis mantiñan pechada a ponte dende o domingo coa fin de blindar a seguridade.

Os vehículos xa poden circular con normalidade pola totalidade da infraestrutura dende onte á noite, pero o paso continúa restrinxido para os peóns, mentres se rematan os traballos para a colocación das barreiras, coa fin de garantir a súa seguridade.

Cómpre lembrar que os técnicos da empresa responsable estiveron a traballar estes días na retirada dos paneis sonoros para restablecer o antes posible a normalidade nesta vía.

19 de febreiro de 2016 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.