publicidade hoxe

Patricia Martínez e Adrián Esperón proclamáronse Campións Galegos de Baile Deportivo na categoría absoluta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaMos
A-
A+
Patricia e Adrián no podio

Patricia e Adrián no podio

O pasado domingo, día 14 de febreiro, a bailarina mosense Patricia Martínez, e a súa parella, Adrián Esperón, proclamáronse Campións Galegos de Baile Deportivo na categoría absoluta, no Campionato Galego de 10 Bailes, que tivo lugar no pavillón vigués das Travesas.

Na categoría youth que comprende dende os 16 anos ata os 18 anos, a parella integrante do equipo da Escola Municipal de Baile Deportivo de Mos, formada por Daniel Requejo de Mos e Gabriela Holt de Cangas, conseguiu o primeiro posto en dita categoría.

Finalmente, na categoría Junior I, Juan Ferrón de Vigo e Sara Requejo de Mos, membros tamén da Escola de Baile de Mos, conseguiron un fabuloso carto posto habendo gañado a modalidade de latinos no Trofeo Puntuable para o Ranking Nacional.

Foi, por tanto, unha xornada memorable para o Concello de Mos, para o que estas parellas trouxeron dous ouros e un nada desprezable carto posto.

Patricia Martínez, que ademais de ser a campiona galega é tamén a entrenadora das outras dúas parellas na Escola de Baile mosense, declaraba que “este triunfo sírvenos de moita motivación para esta próxima fin de semana”, xa que compiten representando a España o sábado 20 no Campionato Europeo de 10 bailes en Copenhague, e no Campionato de España de Standard o domingo 21 en Marina D’or, “O noso obxectivo no europeo é traer unha semifinal para España como levamos buscando desde fai 2 anos, e no Campionato de España revalidar o título, que sería o décimo segundo”. Tivo tamén palabras de agradecemento para o Concello de Mos, do que dixo “sabemos que somos un deporte minoritario, pero grazas ao recoñecemento da nosa alcaldesa, Nidia Arévalo, e o noso concelleiro de deportes, Alberto Méndez, cada vez son máis os adeptos ó Baile Deportivo, cada vez son máis os seguidores, e iso para nos é algo imprescindible na nosa carreira deportiva”.

Por último os representantes municipais Arévalo e Méndez, manifestaron unha vez máis o seu orgullo por contar en Mos con bailaríns desta talla, “cunha grande coma Patricia e unha canteira que chega pisando forte”, declararon. Ó tempo que os poñían como exemplo de traballo, esforzo e superación para toda a mocidade mosense.

17 de febreiro de 2016 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.