publicidade hoxe

Pasaporte Solidario achega á realidade do voluntariado a máis de 1.300 alumnos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal Portada
A-
A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe o IES David Buján de Cambre, para participar nunha actividade de dinamización da iniciativa Pasaporte Solidario. Un total de 1.344 alumnos e alumnas de 24 centros escolares de primaria participan durante este curso escolar neste programa, que ten como principal obxectivo o de promover valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa e favorecer que os escolares se comprometan como voluntarios.

Cecilia Vázquez aproveitou a súa visita a este centro para escoitar propostas que melloren o Pasaporte Solidario, unha iniciativa que cumpre o seu quinto ano de vida; así como para saudar a todo o alumnado participante e manter con el varias reunións coa fin de coñecer de primeira man o desenrolo das distintas actividades.

A directora xeral destacou que “en Galicia existe un firme compromiso cidadán coa acción voluntaria, que se deixa notar de forma especial entre os máis novos e debemos continuar neste esforzo común para contribuír a fortalecer e a pór en valor o voluntariado dende as idades máis novas”.

O Pasaporte Solidario é un documento cuxas páxinas conteñen propostas de actividades solidarias pensadas tanto para alumnos de primaria como de secundaria. Cada estudante que o solicita –coordinado polo centro- ten que encher o seu pasaporte con certificados que acrediten o cumprimento da actividade solidaria antes de finais de maio. Entre as accións que hai que certificar para cubrir o Pasaporte, atópanse tarefas como acompañar aos maiores, colaborar na casa ou axudar aos compañeiros da clase.

19 de febreiro de 2016 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.