publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os ‘Xenerais da Ulla’ de Fao vivirán a súa tradicional ‘Antroidada’ este martes de Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

A parroquia de Fao (Touro) vivirá mañán martes, 17 de febreiro, o seu día grande das festas do Entroido 2016. Esta parroquia do Concello de Touro celebra mañán, martes de entroido, a súa tradicional ‘Antroidada’. Os ‘xenerais da Ulla’ de Fao serán os protagonistas da festa. Os xinetes lucirán os seus vistosos traxes que lembran os exércitos da época napoleónica. A batalla so será dialéctica.

A celebración do Entroido de Fao comenzará no campo da festa da parroquia a partir das 16:00 horas. Contará co discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos protagonistas abordarán, a través de coplas recitadas a viva voz, temas da actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños que acudirán ao campo da fiesta de Fao. Tamén participará ‘a vellada coa súa troulada’. E non faltarán ‘os consellos dos frades’, que predicarán en verso anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores.

8 de febreiro de 2016 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.