publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os Empresarios de Santa Comba organizan a segunda edición da Cea Baile Solidaria en beneficio dos máis desfavorecidos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanta Comba
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza para o vindeiro sábado 20 de febreiro a segunda edición da Cea Baile Solidaria en beneficio dos nenos máis desfavorecidos do Concello para a adquisición de material escolar, roupa deportiva, etc…

A cita terá lugar no Restaurante Tío Paco das Travesas ás 21:30 h. e o menú solidario consiste nuns aperitivos variados, cocido completo, filloas, orellas, viño, refrescos, café e licores, o prezo será de 20 € por persona A nosa entidade recolle tamén aportacións ou donacións para a causa, asé mesmo como reserva de tickets fila cero.

Para anotarse deberán facelo antes do día 15 en horario de mañán nas oficinas da Asociación de Empresarios de Santa Comba ou nos seguintes establecementos, Calzados Marcapel, Foto Teca, Peluquería Josefa, Autoxallas, Restaurante Tío Paco ou Novo Cousas do Campo.

1 de febreiro de 2016 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.