publicidade hoxe

Os alumnos mosenses aprenden ‘mates’ no seu súper

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Estudantes de primaria no supermercado

Estudantes de primaria no supermercado

A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil  Kely Monzón, está a levar a cabo dende onte unhas xornadas para que os nenos e nenas de 5º curso de Educación Primaria dos colexios de Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda, Petelos e Pena de Francia, comproben que todo o que estudan de matemáticas na aula, existe fóra.

O obxectivo desta actividade, co nome de “Mates no teu súper”, é que os nenos  integren as matemáticas na vida real, facéndoas máis cotiás e divertidas.

Estas xornadas, que deron comezo onte e finalizarán o 14 de marzo, realízanse nas instalacións do supermercado Eroski, situado na parroquia de Sanguiñeda, onde durante hora e media trabállanse de forma interactiva e lúdica os números naturais e decimais, fraccións, porcentaxes, etc. 

Dende a concellería consideran que deste xeito fortalécese o pensamento lóxico e abstracto, e a operación mental, ó tempo que se motiva ós alumnos/as a través dunha experiencia real e práctica.

3 de febreiro de 2016 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.