publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O vento alcanza refachos de 134 quilómetros por hora en Cedeira con ondas de entre 6 e 8 metros

Europa Press

O temporal que afecta a Galicia desde este luns deixou refachos de vento de até 134 quilómetros por hora na zona de Cedeira (A Coruña) e, tras a alerta vermella convertida en laranxa, o mar rexistra ondas de entre 6 e 8 metros na costa coruñesa e lucense. Segundo a información de Meteogalicia, os refachos de vento alcanzaron nas últimas horas os 134 quilómetros por hora en Punta Candieira (Cedeira), os 115 quilómetros por hora en Camariñas (A Coruña) e os 112 quilómetros por hora na cabeza de Manzaneda (Ourense).

Do mesmo xeito, na provincia da Coruña, os ventos exceden os 105 quilómetros por hora en Malpica e os 106 en Cuntis e rozan os 100 quilómetros por hora en Cariño.

En canto á ondada, a boia de Estaca de Bares, que o luns recolleu ondas de máis de 12 metros, rexistra na mañá deste martes ondas de case oito metros. Nas Illas Sisargas a ondada sitúase por encima dos sete metros, mentres que en Langosteira supera os seis e á Coruña chegan ondas de máis de cinco metros.

A costa galega continúa este martes en alerta laranxa por temporal, con ondas de seis a oito metros de altura, mentres que as catro provincias están en alerta amarela por ventos de máis de 70 quilómetros por hora.

9 de febreiro de 2016 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.