publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O temporal deixa sen clase a máis de 2.200 alumnos galegos

Europa Press

A neve, o xeo e temporal deixaron este luns sen clase a un total de 2.224 alumnos matriculados en 37 centros situados nas provincias de Lugo e Ourense, catro máis dos previstos inicialmente pola Xunta. Segundo datos facilitados pola Consellería de Educación, na provincia lucense eran 15 os centros de 13 concellos nos que se decretou a suspensión das clases, aínda que cinco máis doutros tantos municipios víronse afectados as condicións meteorolóxicas.

Trátase de Quiroga, Castroverde, Meira, Sarria e Vilalba; que se suman a Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Samos, Triacastela e Muras. En todos eles foron 924 os alumnos que non puideron asistir a clase.

En canto á provincia ourensá, cumpriuse a previsión inicial da Xunta e ningún centro á marxe dos 18 nos que se suspenderon as clases rexistrou ningunha incidencia.

Estes 18 centros sitúanse en 13 concellos: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, A Pobra de Trives, Riós, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadañedo. En total, foron 1.300 alumnos os afectados.

15 de febreiro de 2016 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.