publicidade hoxe

O Randufe Fútsal e o Burela Pescados Rubén enfróntanse este venres nun partido solidario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportesTui
A-
A+

Este venres, 5 de febreiro, ás 19.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, terá lugar o partido de fútbol sala xuvenil, da Liga Nacional de Honra, que enfrontará ao Randufe Fútsal de Tui e ao Burela Pescados Ruben.

Este partido terá caracter solidario, en favor da asociación SOS Tomiño Baixo Miño, polo que se pedirá ao público asistente a doazón de alimentos, preferentemente leite, cacao e conservas vexetais.

Amais diferentes casas colaboradoras aportarán rosca e chocolate quente, que se venderá a un euro, e a recaudación irá dirixida a apoiar á asociación e ao club. A organización tamén entregará un regalo aos cen primeiros nenos e nenas que acudan ao pavillón.

Este será un partido de máxima rivalidade, dado que o Burela P. Rubén ocupa a segunda posición da liga, e os de Tui, que levan cinco partidos consecutivos gañando, están no sétimo posto, polo que unha victoria podería asegurar a súa participación na competición da Copa.

1 de febreiro de 2016 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.